Home
Imaxe: Stray dogs. Tsai Ming-liang

Míriam Ferradáns. Deshabitar unha casa. 2017


Ás veces escoitabamos o lobo 

e trababamos na lingua ata facernos sangue.

 

Hai fluídos que impiden a palabra:

tragas ou esganas.

É así como a epiglote nos induce 

á orxía do silencio,

ao envelenamento,

ao ritual da negación.

      

O día que entraron os paxaros

estabamos de costas á ventá.

Viñeron contra nós e deixámonos comer. 

 

Foi un canibalismo amábel, como amar,

e como amar había premeditación na dentada.


Ás vezes escutávamos o lobo 

e mordíamos a língua até fazer sangue.

 

Há fluídos que impedem a palavra:

tragas ou esganas.

É assim como a epiglote nos induz

à orgia do silêncio,

ao envenenamento,

ao ritual da negação.

      

O dia que entraram os pássaros

estávamos de costas à janela.

Vieram contra nós e deixamo-nos comer. 

 

Foi um canibalismo amável, como amar,

e como amar havia premeditação na dentada.


 A veces escuchábamos al lobo 

y mordíamos la lengua hasta hacernos sangre.

 

Hay fluidos que impiden la palabra:

tragas o te ahogas.

Es así como la epiglotis nos induce 

a la orgía del silencio,

al envenenamiento,

al ritual de la negación.

      

El día que entraron los pájaros

estábamos de espaldas a la ventana,

Vinieron contra nosotros y nos dejamos comer. 

 

Fue un canibalismo amable, como amar,

y como amar había premeditación en la dentellada.

Anúncios