.
Takashi Ito
Olalla Cociña.” Escolma Salvaxe Ferrol 2007-2013″. 2014
drácula
subir temblando al cuarto tuyo, que era un desván oscuro
después de la sesión de noche hurtada:
drácula detrás de la puerta
.
y no te dejaron dormir con la niña
sólo una ristrita de ajos para defenderte
.
los niños miedosos llevan la carretilla
comen aceite de hígado de bacalao
.
se lanzan como gaviotas a las monedas de los turistas
ríen de peixiñopaogato, de caghanabota
el miedo les cabe bien en una lata de bonito
.
drácula
-un abrigo viejo colgado de una punta oxidada-
me llamó años después por teléfono
le bastó decirme quien era
para hacerme llorar toda la tarde
.
por más que me insistías en conocer la voz
de ese farsante
.
pero a ti, padre mío
a ti nadie te dijo que drácula era de mentira
tuviste que matarlo con el niño que eras
moristeis los dos juntos
drácula
subir tremendo ao quarto teu, que era um sótão escuro
depois da sessão de noite furtada:
drácula atrás da porta
.
e não te deixaram dormir com a menina
só uma trancita de alhos para defender-te
.
os miúdos medrosos levam o carrinho de mão
comem óleo de fígado de bacalhau
.
Atiram-se como gaivotas às moedas dos turistas
riem de peixiñopaogato, de caghanabota
o medo cabe-lhes bem numa lata de sarrajão
.
drácula
-um casaco velho pendurado duma ponta oxidada-
chamou-me anos depois por telefone
bastou-lhe dizer-me quem era
para me fazer chorar a tarde toda
.
por mais que me insistias em conhecer a voz
desse farsante
.
mas a ti, meu pai
a ti ninguém te disse que drácula era de mentira
tiveste que matá-lo juntamente com a criança que eras
morrestes os dois juntos
drácula
subir tremendo ao cuarto teu, que era un faio escuro
despois da sesión de noite furtada:
drácula detrás da porta
.
e non te deixaron durmir coa nena
só unha restriña de allos para defenderte
.
os nenos medrosos levan a carretilla
comen aceite de fígado de bacallau
.
lánzanse como gaivotas ás moedas dos turistas
rin de peixiñopaogato, de caghanabota
o medo cábelles ben nunha lata de bonito
.
drácula
-un abrigo vello pendurado dunha punta oxidada-
chamoume anos despois por teléfono
abondoulle dicirme quen era
para facerme chorar toda a tarde
.
por máis que me insistías en coñecer a voz
dese farsante
.
pero a ti, meu pai
a ti ninguén che dixo que drácula era de mentira
tiveches que matalo canda o neno que eras
morrestes os dous xuntos